Agricultura

Véndese ou alúgase finca e invernadoiro para produción de horta en Moeche

As instalacións, de 23.000 metros cadrados, contan co selo do Craega para producir tanto hortalizas como planta ecolóxica

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/11/2021 1:07 p.m.

[caption id="attachment_157749" align="aligncenter" width="960"] A finca ten unha superficie de 23.000 metros cuadrados e o invernadoiro multitunel 2.000[/caption]

No concello de Moeche, na parroquia de Labacengos, Viveros Las Torres vende ou aluga as súas instalacións, compostas por unha finca de 23.000 metros cadrados e un invernadoiro multitunel de 2.000 metros cadrados.

A finca estivo alugada estes dous últimos anos e o contrato finaliza en decembro, polo que volve estar dispoñible para aquelas persoas interesadas na produción de horta así como de plantel, xa que as instalacións contan con autorización como semilleiro e viveiro de planta.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A finca conta con certificado para producir en ecolóxico, tanto hortalizas para consumo como plantel para plantación

A parcela está certificada polo Craega e conta co selo para a produción en ecolóxico, polo que non sería necesario esperar a pasar os dous anos de conversión para empezar a comercializar produto ecolóxico.

Sistema de rega e control de clima

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O invernadoiro está dotado con catro ventilacións automáticas conectadas a través dun sistema de control de clima, así como sistema de rega, cunha balsa de 80.000 litros para recollida de auga de choiva e un pozo de barrena para garantir a auga de rega necesaria nos meses de verán ou períodos de ausencia de choivas.

7.000 watios de placas fotovoltaicas garanten a autosuficiencia enerxética da finca

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Todo o sistema aliméntase de 7.000 watios de placas fotovoltaicas para autoconsumo, non conectadas á rede, que garanten a autosuficiencia eléctrica da finca, tanto do sistema de climatización do invernadoiro como das dúas bombas de rega.

Viveros Las Torres estivo durante 7 anos dedicado á produción de horta así como de planta ecolóxica, sobre todo de variedades de tomate propias da zona. Tras estar alugadas durante os últimos dous anos, dan novamente todo tipo de facilidades ás persoas interesadas en comprar, alugar ou subscribir un alugueiro con opción de compra para as instalacións.

As persoas interesadas poden contactar con Soraya no teléfono 616 081 407.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada