Carne

As vendas do Grupo Coren medran un 8,2% no primeiro cuadrimestre do ano

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/06/2018 12:32 p.m.

O Grupo Coren continúa rexistrando un comportamento positivo nos primeiros meses de 2018, na liña do exercicio anterior. Así, segundo informa a cooperativa ourensá nun comunicado, no primeiro cuadrimestre do ano rexistrou un incremento de facturación do 8,2% con respecto ao mesmo período de 2017.

En concreto, a facturación do catro primeiros meses do exercicio superou os 345,5 millóns de euros, fronte aos 319,3 do primeiro cuadrimestre de 2017.

Trátase dunha “tendencia moi positiva” para a cooperativa presidida por Manuel Gómez Franqueira, despois dun 2017 que tamén foi un exercicio de destacado crecemento para o Grupo e que pechou cunha facturación anual de 1.033 millóns de euros (un 8% máis que en 2016).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Coren xa exporta o 38% da súa produción

O crecemento de Coren rexístrase en todas as áreas de actividade do grupo. En concreto, a produción avícola da cooperativa no primeiro cuadrimestre do ano supera os 50 millóns de quilos, mentres que a de porcino supera os 25 millóns de quilos. Continúa incrementándose, igualmente, a produción de ovos, con máis de 26 millóns de unidades entre xaneiro e abril de 2018 (todos correspondentes a produción de ovos campeiros ou ecolóxicos).

En consonancia con este incremento das producións cárnicas, a produción de alimentación animal tamén medrou, de modo que no primeiro cuadrimestre do presente exercicio acadou os 302 millóns de quilos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Así mesmo, as exportacións do Grupo Coren continúan á alza, e representan o 38% da súa produción cárnica. Os produtos da cooperativa galega están presentes en máis de 50 países de todo o mundo.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada