Desenvolvemento rural

As vendas de tractores novos subiron un 12,63% en Galicia en 2021

14/02/2022 3:03 p.m.

As vendas de tractores novos incrementáronse un 12,63% en Galicia en 2021, até alcanzar as 740 máquinas, 83 máis que en 2020. Así se desprende do informe anual dos Rexistros Oficiais de Maquinaria Agrícola (ROMA) que elabora o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O mercado de tractores novos na comunidade galega evolucionou mellor que na media española, onde o incremento de vendas foi do 9,57%. Porén, no conxunto da maquinaria agrícola as vendas en Galicia caeron un 6,54% o pasado ano, pola importante caída en maquinaria automotriz (motocultores, colleitadoras...) que diminuíu un 24,40%, e pola caída en maquinaria suspendida ou arrastrada (apeiros, cubas de xurro...etc) que baixou un 20,56%. Pola contra, a venda de remolques subiu o pasado ano un 6,99% en Galicia.

Tractores inscritos nas distintas comunidades autónomas por potencia: 

 

Etiquetado
Ir a la portada