Agricultura

“As velutinas xa comen as mazás antes de madurar”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
28/07/2022 12:09 p.m.

Os danos provocados pola vespa velutina empezan a notarse cada vez dun xeito máis grave nas árbores froiteiras, especialmente naquelas variedades máis doces, atacando os froitos incluso antes de que maduren. A expansión desta especie invasora e o cada vez menor número de persoas que cultivan maceiras, pexeguieros ou pereiras está a provocar que os danos sexan cada ano máis visibles.

Así o advirte Francisco Otero, presidente da Asociación de Fruticultores de Galicia (Afrugal), quen explica que “os danos da velutina son máis graves no caso das maceiras nas variedades doces de mesa, e tamén naquelas de sidra algo doces, como as De La Riega ou Solarina, así como en peras, pexegos, fatóns, figos ou uvas; é dicir, en toda a froita doce que é a que máis come a velutina nesa época”. “Incluso nos informan de que variedades de mazá que maduran dentro dunhas dúas semanas xa están sendo atacadas pola vespa velutina”, engade.

Como recomendación, o presidente de AFRUGAL aconsella “recoller a froita moi cedo pola mañá, cando hai menos presenza da vespa velutina; retirar a froita do chan para que non atraia ás nésperas; ter coidado ao recoller a froita da árbore, pois a veces as velutinas están dentro das mazás ou das peras e poden picarnos e, por suposto, colocar trampas para reducir a poboación de vespa velutina”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_177899" align="aligncenter" width="1512"] As peras son totalmente devoradas pola vespa velutina. Foto: Afrugal[/caption]

[caption id="attachment_177896" align="aligncenter" width="660"] Velutina comendo unha mazá. Foto: Afrugal[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada