Leite

Vegalsa-Eroski sobe dous céntimos o prezo do leite para que chegue aos gandeiros

Pide ás industrias que trasladen esta subida aos gandeiros. Únese a Mercadona, que hoxe mesmo tamén anunciou unha subida idéntica. Quedan por ver as garantías de que a industria repercuta esta subida aos gandeiros e que sexa suficiente para cubrir os custos de produción.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/09/2015 8:30 p.m.

A compañía Vegalsa-Eroski decidiu subir luns dous céntimos o prezo do leite das súas cadeas de supermercados Eroski Center, Eroski City e Familia e dirixiuse aos seus provedores para que repercutan este incremento aos gandeiros galegos.

A través dunha nota de prensa, a compañía explica que esta decisión da dirección xeral prodúcese por "a necesidade de apoiar o esforzo das administracións públicas e da interprofesional láctea en alcanzar un marco estable e sustentable para o sector".

Vegalsa-Eroski informa de que trasladou esta esta decisión ao goberno da Xunta, así como aos representantes do sector e ás súas industrias lácteas provedoras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

¿É suficiente esta suba e hai garantías de que chegue ao gandeiro? Principais incógnitas

Ademais, Vegalsa-Eroski lembra que o seu obxectivo é ofrecer a mellor relación calidade-prezo aos seus clientes, polo que "só mediante a eficiencia o mercado alcanzará prezos satisfactorios para toda a cadea de valor, e realistas, nun marco de liberdade de mercado e imposibilidade de fixar prezos prohibidos pola CNMC".

Neste sentido, a cadea de distribución defende o diálogo como "única maneira de propoñer solucións realistas, nun marco de liberdade de mercado e imposibilidade de fixar prezos prohibidos pola CNMC".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Vegalsa Eroski súmase así a Mercadona, que hoxe mesmo tamén anunciou unha subida idéntica de 2 céntimos. Quedan por ver as garantías para que a industria repercuta esta subida integramente nos gandeiros e se é suficiente para garantir un prezo sustentable para os explotacións lácteas, cuxos custos de produción sitúanse en 34 céntimos por litro de leite e que con esta subida o prezo medio do leite en orixe en Galicia, tomando a referencia de xullo, chegaría aos 29,5 céntimos por litro.

[Máis información] - Mercadona, Celta e Clas, dispostas a subas no prezo do leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada