Noticias de empresa

Variedades de millo forraxeiro RAGT: Altas producións e dixestibilidade e adaptadas ás condicións de Galicia

08/04/2024 12:30 p.m.

A multinacional RAGT acaba de presentar o seu catálogo de variedades de millo para silo 2024, no que destacan catro variedades adaptadas ás condicións climáticas de Galicia, pero tamén de Asturias e de Cantabria.

Son estas:

RGT ELARAXX: Ciclo medio-longo con dobre aptitude silo/gran

Trátase dunha variedade de ciclo medio-longo, cun tipo de gran dentado e cun gran equilibrio entre produción e dixestibilidade.

“Estamos ante unha variedade cun bo vigor de nascencia, que destaca tamén pola súa boa sanidade, con alta resistencia a Helminthosporium, e cunha dobre aptitude tanto para silo como para gran húmido ou pastone”, explica Beatriz Vázquez, delegada de RAGT para Galicia, Asturias e Cantabria.

En canto á morfoloxía, RGT ELARAXX é unha planta de porte medio-alto e cunha inserción media da mazaroca.

RGT MEXXPLEDE: Ciclo medio que se adapta a todos os solos

RGT MEXXPLEDE é unha variedade de ciclo medio, que destaca polo seu alto rendemento, así como por:

- Excelente stay-green
- Gran regularidade (planta e mazaroca)
- Potencial produtivo en situacións limitantes. Adaptación a todos os solos
- Boa regularidade de nascencia
- Resistencia do talo: Variedade cunha forte resistencia á caída, que asegura un bo desenvolvemento vexetativo.

RGT DRAGSTER: Ciclo medio-curto cun bo potencial produtivo mesmo en situacións de estrés hídrico

RGT DRAGSTER é unha variedade de ciclo medio-curto que destaca polo seu bo potencial produtivo, mesmo en situacións de estrés hídrico.

En concreto, as súas principais calidades son:

- Talo moi robusto e de gran resistencia
- Bo comportamento en altas densidades
- Excelente sanidade do talo
- Bo look silo
- Estable en rendemento
- Bo stay-greenSTRESSLESS H2O: xeneticamente eficiente en todas as condicións de estrés hídrico.

RGT MUXXEAL: Ciclo curto con moita produción en moi pouco tempo

RGT MUXXEAL é un ciclo curto recoñecido por lograr boas producións en pouco tempo, o que o fai idóneo para sementeiras tardías debido ás condicións meteorolóxicas, como apunta este ano, ou para lograr un segundo corte de herba.

As súas principais caraterísticas son:

- Excelente calidade de forraxe
- Variedade con alto contido en gran
- Moi boa fecundación
- Moi boa tolerancia a Helmintosporium
- Forraxe moi equilibrada
- Excelente stay-green
- Variedade cunha forte resistencia á caída, que asegura un bo desenvolvemento vexetativo
- Variedade cun óptimo vigor de partida que asegura unha perfecta
implantación do millo no terreo.

Para máis información:

Beatriz Vázquez, delegada de zona

bvazquez@ragt.es

Telf. 665720200

Etiquetado
Ir a la portada