Desenvolvemento rural

Valoración positiva da feira de maquinaria agrícola de Mazaricos

15/07/2018 9:37 p.m.

Máis de medio milleiro de persoas achegáronse ao multiusos da Picota esta fin de semana para visitar na segunda edición de Xumagra, a feira de maquinaria agrícola e coches de ocasión de Mazaricos.

O alcalde, Juan José Blanco, dixo estar “satisfeito” cos resultados da feira. “Esta é a edición na que a feira xa quedou consolidada, nos vindeiros anos traballaremos para continuar a medrar”, destacou. O coordinador, Benito Martínez afirmou que no recinto congregáronse “as máquinas máis modernas que se poden atopar no mercado”.

A xoia da coroa foi un Warrior 9340 da marca Deutz Fahr. O tractor ten unha potencia de 340 cabalos e unha cabina que parece traída do futuro. O mellor é que queda en Mazaricos porque foi adquirido pola cooperativa de Busto-Corzón que o incorporará á súa flota.

Tamén pecharon diversas operacións os concesionarios da zona que traían grandes marcas como Mercedes, Audi ou BMW.

Etiquetado
Ir a la portada