Carne

Valor nutritivo para o gando dos distintos tipos de mato

Resumo do relatorio da profesora da USC María del Pilar González Hernández “Produción e valor nutritivo do sotobosque e das matogueiras” dentro da “Xornada técnica sobre sistemas silvopastorais nos montes atlánticos” organizada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/10/2015 12:39 a.m.

Por que é importante coñecer a calidade nutritiva do mato?

• A calidade e a cantidade de biomasa vexetal determinan a capacidade de carga animal do sistema de pastoreo.
• A calidade nutritiva inflúe na taxa de inxestión do alimento, que será mais alta canto mais rápida sexa a súa dixestión (boa dixestibilidade e contido en proteína)
• Isto repercute na velocidade de desaparición do pasto na superficie pastable.
• As características da vexetación determinan o tipo(s) de animal compatible no pastoreo.

Cales son as necesidades de alimentación do distinto tipo de gando?

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As necesidades nutricionais do gando explícanse habitualmente en termos das súas necesidades proteicas e nos seus requirimentos de enerxía. En canto ás primeiras exprésanse na porcentaxe de Proteína Bruta (PB) que está presente no pasto, e, en xeral, son do 6% PB (60 g/kg ms) para mantemento , incrementándose durante a lactación ao 12%, aínda que varían segundo tipo de gando e o seu estado fisiolóxico. Por exemplo, no caso do gando cabalar, para un cabalo maduro están no 8 - 10 % e se é un cabalo novo, a necesidade de proteína bruta sobe ao 10 - 12 %.

En canto a como se ven cubertos os requirimentos enerxéticos do animal, a enerxía dispoñible en pasto mídese en % de materia seca dixerible (MSD) . Os valores óptimos varían segundo a especie animal, idade, sexo e climatoloxía...pero en xeral para o gando en extensivo o desexable é que o pasto non teña menos dun 45-50 % MSD. Para o gando vacún de carne en extensivo, a porcentaxe óptima establécese entre un 46 - 56 %; incrementándose na lactación ao 56 – 66%. Para o gando cabalar, os valores óptimos poden ascender ao 62 % MSD

A importancia da presenza dos taninos

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os taninos son compostos fenólicos presentes no 80% das plantas leñosas e só nun 15% das herbáceas. Poden ter un papel positivo ou negativo na alimentación do gando dependendo da súa concentración nas plantas. Valores entre 2-4% poderían ser beneficiosos e maiores que 7% poderían chegar a ser prexudiciais. O seu efecto tamén depende da especie animal, xa que os animais ramoneadores (cabra, ovella ou cabalo) son máis tolerantes á toxicidade dos taninos que outros herbívoros como a vaca ou a ovella.

En concentracións altas nas plantas leñosas poden ser tóxicos para o gando, diminúen a palatabilidade polo sabor amargo e tamén baixa a calidade nutritiva, xa que os taninos reducen a dixestibilidade , de xeito que parte da proteína bruta pérdese a través das feces.

En canto aos afectos beneficiosos, diversas investigacións teñen confirmado as súas propiedades antimicrobianas e constitúen unha alternativa aos antibióticos, evitando o problema das resistencias. Ademais, pódense utilizar en gandería ecolóxica e son un antioxidante que axuda a previr a oxidación lipídica da carne, e polo tanto a evitar o sabor rancio da mesma.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cal é calidade nutritiva das distintas especies de mato presentes no monte galego?

Partindo de que as necesidades medias de proteína para o gando en extensivo establécense nun mínimo do 9% e as enerxéticas nun mínimo de 45% de materia seca dixestible, o valor nutritivo das principais especies leñosas é o seguinte:

NOME

PROTEÍNA BRUTA%

MATERIA SECA%

TANINOS

OUTRAS

Erica Cinerea/Carroucha ou queuga 6,00% 23,00% Si
Erica Umbellata/Uz branca 7 19 Si
Erica Arborea 8 24 Si
Calluna Vulgaris/Queiroa 6 26 Si
Daboecia cantabrica/Queiroga maior 8 24 Si
Cytisus multiflorus/Xesta 13 47 Non
Pterospartum tridentatum/ Carqueixa 7 35 Si
Ulex europaeus L. 9 40 Si Poucos taninos
Trifolium repens 21 51 NON
Trifolium pratense 21 57 NON
Rubus sp./ Silva 10 31 Si Alta presenza de taninos
Hedera hibernica L. /Hedra 9 63 NON
Quercus robur L./Carballo 9 32 Si
Castanea sativa /Casteiñeiro 11 42 Si
Carex remota 11 45 NON
Holcus mollis 14 58 NON
Agrostis capillaris 9 41 Si
Agrostis curtisii 8 36 Si
Raigrás italiano 17 75 NON
Dactilo 17 59 NON
Landras 5 Si 3% de fibra
Castañas 5 a 8% Si 2-3% de fibra

Relación entre produción de pasto e labores de clareo do bosque

Hai unha relación inversa entre a produción de pasto arbustivo ou herbáceo do sotobosque nun sistema silvopastoral co % de cobertura da copa e non sempre coa densidade arbórea ou área basal. Deste xeito:

- Despois das cortas a feito pode aumentar a biomasa, e por tanto, o recurso alimenticio. Pero este vai ser maior en cantidade e non en calidade: maiores concentracións de limitantes nutricionais como os taninos.

- Por tanto, as claras e clareos selectivos poden ser ferramentas de manexo que favorezan o crecemento do arborado optimizando tamén o recurso alimenticio.

Resposta dos distintos grupos de plantas ao pastoreo

A taxa de recuperación das herbáceas tralo pastoreo é maior. Pola contra, a recuperación das arbustivas tras o corte (ou pastoreo) é moito menor.

A tolerancia das plantas ó pastoreo depende sobre todo da intensidade e
frecuencia do pastoreo e da época do ano na que este se produce (maior tolerancia o principio da primavera e menor cara o final da mesma e no verán). Calquera combinación destes 3 factores pode causar na planta deterioro, estimulación do rebrote ou non ser apreciables.

Neste sentido, é preciso ter en conta os carbohidratos que ten a planta como reserva. Nos meses de maio e xuño, cando para a maioría das plantas estes carbohidratos están aos niveis máis baixos, un pastoreo intensivo pode comprometer o futuro da planta.

Consumo diario de materia seca segundo o tipo de animal:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada