Viña

Valdeorras remata a vendima con menor producción de uva pero de “elevadísima calidade”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/10/2020 10:48 a.m.

A campaña da vendima 2020 conclúe oficialmente en Valdeorras cun total de 5.535.104 quilos de uva recollidos, unha cantidade inferior aos 6,7 millóns de quilos da pasada vendima, debido ao tempo chuvioso da primavera e á dificultades de moitos viticultores a tempo parcial de aplicar os tratamentos durante o período de confinamento.

Desta cifra, de novo a variedade godello segue a ser a raíña con 3.529.060 quilos colleitos. Tras ela, por orde de importancia sitúanse a mencía (1.286.289 quilos), a garnacha (334.576 quilos) e a variedade palomino (274.133 quilos).

Xa en menores cantidade e en sentido decrecente temos a variedade sousón (56.363 quilos); a tempranillo (25.445 quilos); a albarello (12.926 quilos); a merenzao (9.594 quilos); dona branca (4.588 quilos); mouratón (3.480 quilos); caíño tinto (1.160 quilos) e gran negro (990 quilos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Colleita de elevada calidade

Tras máis de mes e medio de traballo nas viñas, nun contexto de especial dificultade marcado pola fixación de protocolos de traballo específicos anti-Covid, de novo constátase, segundo destaca o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, que “estamos perante unha colleita de elevadísima calidade, que agardamos teña unha gran acollida nos mercados”.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada