Viña

A DO. Valdeorras participa por primeira vez no prestixioso salón VinExpo de Bordeus

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/05/2019 7:00 p.m.

Un total de 14 adegas con 28 marcas de viño do territorio amparado de Valdeorras teñen presenza nestes días no espazo expositor que o Consello Regulador activou no prestixioso salón Vinexpo de Bordeus.

"Trátase da primeira vez que os nosos viños participan neste foro", destaca José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador, quen salienta tamén "o poderoso escaparate promocional que este salón representa para os brancos e tintos valdeorreses, posto que nos seus 70.000 metros cadrados de exposición participarán máis de 1.600 empresas e organizacións do mercado do viño e dos licores, de 29 países diferentes".

Pendente sempre dos retos aos que se enfronte o ámbito vinícola, o salón Vinexpo de Bordeus reunirá tamén a economistas, investigadores e produtores para pór o foco, en modo de conferencias específicas, sobre tres puntos destacados: o impacto do cambio climático nos viñedos de todo o mundo, o funcionamento das adegas e o proceso de elaboración do viño e, por último, a economía do viño.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Adegas participantes

Na caseta do C.R.D.O. Valdeorras en Vinexpo teñen presenza 14 adegas da comarca: A Coroa; Terriña S.L.; Guitián y Blanco S.C; Sampayolo S.L; O Luar do Sil S.L; Avelina S.A.T; Adega da Pinguela; Adega Melillas e Fillos; Joaquín Rebolledo S.A.; Quinta da Peza S.L.; Santa Marta S.A.T., Alán S.A.T; Bodegas Godeval S.L. e O Casal S.A.T.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada