Viña

Valdeorras modifica a Feira do Viño 2020 para adaptala á nova situación sanitaria

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/06/2020 4:48 p.m.

O Pleno do Consello Regulador, reunido esta mañá en Vilamartín de Valdeorras, decidiu reformular este ano a Feira do Viño, que tradicionalmente se celebra a mediados de xullo na comarca, “ante a situación de incertidume sanitaria provocada pola Covid-19”.

Así o destacou o presidente do organismo, José Luis García Pando, ao termo do pleno. En lugar de que as adegas despreguen os espazos expositores habituais na Praza de Viloira, o que podería orixinar “riscos para a saúde de participantes e visitantes", este ano vaise dar maior protagonismo á tradicional Cata dos Viños de Valdeorras, que ía parella á celebración da Feira. Nesta edición, a cata abrirase a todas as adegas da comarca e, posteriormente, cara a finais de xullo promoverase un acto público de entrega de premios aos mellores brancos e tintos.

Trátase, en palabras de García Pando, “dun acto que, ademais, pretende por en valor o traballo dos viticultores e adegueiros da comarca, que seguiron traballando día a día durante a pandemia por ser parte dun sector considerado esencial e que se celebrará tendo en conta todas as medidas preventivas e de distanciamento social preceptivas”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Contas do organismo

Xunto a isto, o Pleno do organismo reunido hoxe aprobou, de xeito provisional, as contas do organismo para 2020, fixadas por riba de 460.000 euros. Ata unha terceira parte do orzamento aprobado destinarase a accións promocionais.

Se ben, tal e como sinalou o presidente do Consello Regulador, as cifras poderían variar en función de se os ingresos do organismo se ven afectados pola situación orixinada pola Covid-19.

Finalmente, na xuntanza de hoxe deuse tamén o visto bo á integración do CRDO Valdeorras na Asociación dos Consellos Reguladores Galegos, promovida pola Xunta de Galicia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada