Viña

Valdeorras aumenta as garantías de procedencia da uva nesta vendima

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/08/2019 5:47 p.m.

O Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, reunido esta mañá en Vilamartín, decidiu por unanimidade acometer pequenas modificacións nas normas de vendima, todas elas encamiñadas a acadar que aumenten as garantías de procedencia da uva.

“Neste sentido, no tempo que dure a vendima os produtores deberán levar sempre consigo a documentación que acredite a súa vinculación ao territorio amparado”, sinala o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando.

Con estas modificacións, finalízanse os trámites preparatorios para a campaña da vendima 2019 na comarca, que se iniciará nos vindeiros días e se prevé “moi boa”, tal e como destaca García Pando.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para a vendima, o Pleno do C.R.D.O. Valdeorras acordou tamén a contratación dos vedores a través dunha firma de traballo temporal coa que o organismo xa colaborou noutras campañas.

Paralización de catas

Tamén ao igual que en anos anteriores, o Pleno do Consello Regulador aprobou paralizar as verificacións de aptitude das partidas de viños. É dicir, para non interferir coa vendima, paralízase o traballo ordinario de catas que se vén desenvolvendo periodicamente nas instalacións do Consello.

Polo tanto, as adegas interesadas teñen agora 15 días por diante para poder verificar a aptitude das súas partidas antes de que se paralicen temporalmente as catas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Finalmente, o Pleno aprobou tamén mudar as condicións do contrato dun dos técnicos do organismo, que pasa a ser persoal fixo do Consello.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada