Carne

A vaga de calor provoca a perda do 5% da cabana de polos das granxas galegas

Calculan que as altas temperaturas causaron a morte de 500.000 animais. A estas perdas súmase o incremento do gasto en refrixeración

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/08/2018 9:23 a.m.

A vaga de calor rexistrada nos últimos días provocou perdas duns 500.000 animais nas granxas avícolas de Galicia segundo as estimacións de Unións Agrarias. Estas perdas poden supoñer un 5% da cabana de polos que se crían nas arredor de 800 granxas contabilizadas en Galicia.

O sindicato informa de que moitas das explotacións galegas levan varios días retirando cadáveres de aves. Nalgunhas granxas as elevadas temperaturas causaron a morte de máis de 4.000 exemplares o que supón o 20% do continxente en produción dunha explotación avícola media, que conta cuns 18.000 polos.

Mapa de perdas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A asociación sectorial de Unións Agrarias para o sector avícola, Acriaga, está a manter unha monitorización da situación para elaborar un mapa de perdas nas distintas zonas produtoras de Galicia e en especial en Ourense e Pontevedra, onde se acadaron as temperaturas máis extremas. Ademais das perdas motivadas pola mortalidade dos polos, as explotacións están vendo caer a rendibilidade polo incremento disparado no gasto de enerxía para refrixeración.

[box style="0"]

O sector avícola en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En Galicia a produción de carne de polo está en réxime de integración, é dicir, o avicultor encárgase da cría, garda e engorde dos polos e a empresa integradora proporciona os animais e o penso. En 2017 o volume comercial do sector galego acadou as 196.000 toneladas o que supón un volume de facturación de 400 millóns de euros.

Na actualidade, en Galicia críanse arredor de 13 millóns de polos, unha actividade económica que dá emprego a 5.000 persoas.

[/box]

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada