Viña

Unións valora nuns 72 millóns de euros os danos provocados polas xeadas no viñedo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
28/04/2017 12:17 p.m.

Unións Agrarias alerta da magnitude do danos que as xeadas da pasa madrugada teñen producido nas denominacións de orixe de viño nas provincias de Ourense e Lugo.

“Polos datos que se van recadando nas oficinas do sindicato o monto global de perdas para o sector vitivinícola pode acadar os 72 millóns de euros, dado que se calcula que se estragaron uns 16,3 millóns de quilos de uva o que supón que non chegarán ao mercado 21,7  millóns de botellas de viño”, aseguran dende o sindicato.

En concreto, Unións asegura que das catro denominacións de orixe afectadas, é a de Monterrei a que amosa un maior grao de danos cunha incidencia do 95% e case 800.000 euros en perdas nas vides. A continuación sigue a DO de Valdeorras cun 80%  e case 2,9 millóns de euros de perdas en uva. Os colleiteiros de Ribeiro e Ribeira Sacra cuns danos do 75% e 60% respectivamente perderan en uva 7,2 e 3,1 millóns de euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A estes danos hai que engadir os gastos derivados da recuperación das vides mediante podas en verde e aplicación de cicatrizantes que ascenderán a 2.2 millóns de euros, que de xeito inmediato van ter que desembolsar os produtores para tratar de salvar as explotacións.

Unións pide aos concellos afectados que soliciten a declaración de desastre natural

Unións Agrarias, vendo a magnitude da afectación xa circulou na tarde de onte unha carta aos concellos afectados para que inicien os trámites para documentar unha solicitude de zona asimilable a desastre natural para que se poñan en marcha os mecanismos de compensación económica que permite a lexislación comunitaria, estatal e autonómica.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“O papel que desempeñan os concellos na posta en marcha deste tipo de medidas é fundamental, dado que poden emitir informes de valoración sobre os danos causados á Consellería do Medio Rural e/ou ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente”, explican dende o sindicato.

En concreto, dende Unións aseguran que o catálogo de medidas para axudar a aliviar estas continxencias, afecta a diferentes departamentos ministeriais: unhas dirixidas a diminuír a carga tributaria dos agricultores afectados e outras a concesión de créditos preferentes para manter a competitividade da explotación, así como as destinadas a flexibilizar o cumprimento das obrigas de pagamento da seguridade social e/ou outras medidas de orde laboral.

Neste sentido, dende o sindicato lembran que hai precedentes de medidas excepcionais postas en marcha pola Xunta de Galicia. “En concreto habilitou unha partida de medio millón de euros para compensar a perda de produción dos viticultores de Sober na Ribeira Sacra afectados polo pedrazo rexistrado o 15 de agosto de 2016 que non tiveran subscrita ningunha póliza de seguros”, conclúen.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[box style="0"]

A Fruga pide unha reunión urxente da conselleira coas organizacións agrarias

Pola súa parte, a Asociación Galega de Viticultura (AGV), vinculada á Fruga, pide á Consellería do Medio Rural unha reunión urxente coas organizacións agrarias para avaliar os danos das recentes xeadas e as posibles liña de axuda para as explotacións afectadas.

A asociación lembra que “os graves danos provocados polas fortes xeadas destas últimas noites que poden ter como consecuencia a perda de entre un 50% e un 100% da colleita de uvas en zonas de DO como o Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras ou Monterrei”.

Ante esta situación, reclama que “as administracións poñan en marcha liñas de axudas para apoiar as explotacións afectadas xa que a perda de ingresos, que supoñen estes danos, poden poñer en risco a supervivencia de moitas delas ó afectar estes danos a futuro nas cepas”.

[/box]

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada