Leite

Unións trasládalle á Xunta ofertas de leite a baixo prezo de ‘Campo Nuestro’

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/03/2018 9:26 a.m.

Unións Agrarias vén de presentar diante das Consellerías de Medio Rural e de Economía un expediente de denuncia contra a marca de leite “Campo Nuestro”, comercializada por Gadisa, xa que entende que se está a promover a “venda a perdas”.

A organización agraria considera fraudulenta a oferta de leite desnatado a 46 céntimos que se fai nos centros de distribución Cash Ifa de Gadisa. Unións detectou varias ofertas de leite da citada marca “Campo Nuestro” nos lineais dos cash da citada cadea. Os cash, dirixidos ás compras de hostelería e pequenas tendas, teñen prezos inferiores ós supermercados, pero desde Unións consideran excesiva a oferta a 46 céntimos. Gadisa, consultada sobre a cuestión, non ofreceu polo de agora valoracións.

Unións entende que o protocolo contra a banalización do leite, que forma parte do acordo lácteo de setembro do 2015 e de acordos posteriores da Interprofesional Láctea, vese claramente infrinxido por estas prácticas. A organización agraria pide, por tanto, que as Administracións cumpran co seu traballo fiscalizador destas “malas prácticas”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O sindicato, por último, chama aos consumidores a que fagan unha compra responsable e solidaria coas granxas familiares, que están presionadas polos baixos prezos que se trasladan ao longo de toda a cadea do leite. Unións pide que se evite a compra de leite baixo este tipo de ofertas.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada