Leite

Unións pide a convocatoria “dende xa” das axudas de plans de mellora

Loading ad.
Ad could not be loaded.
06/03/2017 10:50 p.m.

Unións Agrarias pide a Medio Rural a apertura “xa” da convocatoria de Plans de Mellora para que os titulares de explotacións poidan acometer as obras no verán. “Con esta iniciativa a Consellería de Medio Rural daría cumprimento a promesa que trasladou ao sector a propia conselleira Ángeles Vázquez, no sentido de abrir a citada convocatoria a principios de ano”, sinalan dende o sindicato.

A organización agraria considera que se se atrasa máis o arranque da tramitación “non se van poder atender aos máis de 1.500 expedientes de solicitude de axudas para as granxas que quedaron fóra no último exercicio”.

Neste sentido, advirten que “resulta un contra sentido que se anuncien a incorporación de mais de 600 mozos as explotacións agrarias cando a moitos deles se lles negou as axudas para modernizar as instalacións”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ante esta situación, Unións defende que “hai que habilitar o antes posible unha convocatoria e que se asuman todos os expedientes que quedaron fora na anterior sen necesidade de nova tramitación”. “Só así se podería comezar as obras nas granxas e non ter que esperar a 2018 para facelas”, subliñan.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada