Leite

Unións denuncia que Mercadona tira para abaixo os prezos do leite no campo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/09/2022 10:52 a.m.

A organización Unións Agrarias denuncia que a principal distribuidora de alimentos de España, Mercadona, está a tirar para abaixo os prezos do leite nas granxas . “Ao manter artificialmente os prezos baixos do leite -da súa marca branca Hacendado- nos seus establecementos, Mercadona está a condicionar as negociacións dos novos contratos de aprovisionamento en orixe cos produtores", advirte a organización a través dun comunicado.

“A pesar da situación límite na que se atopan as ganderías de vacún de leite en Galicia, con subidas na electricidade do 69% e nas facturas da alimentación animal dun 39% respecto ano pasado, Mercadona segue conxelando o prezo dos seus bricks nos lineais cunha clara estratexia de usar o leite como produto reclamo, o que contravén totalmente a Lei da Cadea Alimentaria", engade Unións.

"Así, mentres outras cadeas de distribución equilibraron o prezo do cartón de leite coa nova situación de custos dos gandeiros, Mercadona segue forzando prezos anormalmente baixos para mellorar a súa conta de resultados", afirma Unións Agrarias.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A organización agraria teme que "esta estratexia, de non ser corrixida" poida "contaxiar ao resto das superficies comerciais para que usen a venda a perdas, alterando gravemente o mercado e toda a cadea de valor do leite".

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada