Carne

Unións critica que a Xunta traslade aos gandeiros a responsabilidade de controlar a rata-toupa

O sindicato lamenta que non se teña habilitado unha liña de axudas para paliar os danos nas pradeiras, como fixo Asturias, con contías entre os 380 e os 700 euros por hectárea afectada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/11/2020 9:38 a.m.

[caption id="attachment_122339" align="alignright" width="300"] Destrozos provocados pola rata-toupa[/caption]

O sindicato Unións Agrarias critica o que considera "inacción" por parte da Consellería de Medio Rural para frear a praga de ratas toupa nos concellos da montaña de Lugo. A organización agraria lamenta o desleixo da administración autonómica, "que ten deixado pasar case dous anos ata a posta en marcha da primeira actuación ao respecto: un plan piloto que non é máis ca un ensaio e que, de dar resultados, deberá ser asumido polos propios agricultores e gandeiros", lamenta UUAA.

O sindicato considera "inaceptable" que en todo este tempo a Xunta de Galicia teña feito "ouvidos xordos" ás peticións de axuda dos afectados e que non se teña habilitado ningunha liña de axudas para paliar os cuantiosos danos" ocasionados pola praga. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“A posta en marcha de ensaios para probar distintos métodos para o control da praga que nos últimos días están a ser realizados por persoal de TRAGSA en distintas fincas da zona chega moi tarde e dá boa mostra do escaso compromiso da administración cara aos problemas que afectan ao noso medio rural”, afirma Unións Agrarias, que non entende que, a pesar das reiteradas peticións de axuda lanzadas pola organización, a Xunta de Galicia "teña adiado calquera medida ao respecto". 

A Consellería pensa deixar en mans dos afectados a instalación dos trampeos, unha actuación que tería un custo económico engadido ao dos cuantiosos danos que estes animais levan meses provocando ante a pasividade do goberno galego

"Lamentamos que máis aló destes trampeos experimentais, o goberno galego non conte cun plan de acción integral nin orzamento destinado á erradicación desta praga de roedores na totalidade da superficie afectada. Pola contra, as informacións dispoñibles apuntan que a Consellería pensa deixar en mans dos afectados a instalación dos trampeos. Actuación que tería un custo económico engadido aos cuantiosos danos que estes animais levan meses provocando, ante a pasividade do goberno galego", engade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O exemplo de Asturias

Neste sentido, UUAA lamenta que a Xunta de Galicia non teña tomado exemplo doutras comunidades autónomas da cornixa cantábrica como o Principado de Asturias; que no 2017 habilitou axudas de 700 euros por hectárea nas pradeiras de sega e 380 euros nas de pastoreo para os gandeiros afectados por un andazo similar ao que padece a montaña lucense.

En marzo de 2019 agricultores e gandeiros da contorna de Becerreá e Triacastela daban a voz de alarma ante os destrozos que uns pequenos roedores estaban a causar nos prados da zona. Un problema que non deixou de medrar, e que se ten extendido aos municipios das Nogais, Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Samos. Máis de 1.600 hectáreas e 3.000 parcelas están afectadas, segundo os cálculos da propia Consellería.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada