Agricultura

Unións critica que a Xunta reduciu un 25% as axudas para loitar contra a couza da pataca

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/12/2019 9:32 p.m.

O sindicato Unións Agrarias critica que “a Xunta de Galicia decidiu reducir o xa escaso orzamento que destinaba a axudas polos danos derivados da praga da couza guatemalteca, nun 25% a pesar de ser cada vez maior a superficie afectada”.

A organización agraria lembraque “na actualidade hai 60 concellos afectados e coa produción de pataca suspendida do que se derivan miles de parcelas sen colleita”. “Para todo eles a Consellería do Medio Rural ten previsto un investimento irrisorio de 75.000 euros o que supón unha irresponsabilidade que vai a causar a continua extensión da praga”, advirten.

Neste sentido, o sindicato Unións Agrarias “resulta imprescindible unha maior vontade orzamentaria na que se inclúa o lucro cesante por non plantar patacas nas zonas afectadas para atallar a praga con maiores posibilidades de éxito”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“A partida que se tería que dispoñer –uns 3,5 millóns de euros para cubrir unha demanda dunhas 180.000 toneladas de consumo-, resulta pequena se se teñen en conta os danos económicos aos que habería que facer fronte se a praga non se contén e chega as zonas de produción de pataca para comercialización como agora ameaza en Coristanco”, argumentan dende Unións Agrarias.

Por parte da organización agraria tamén poñen de manifesto a necesidade de que se faga público o traballo da Comisión de seguimento que o Parlamento ordenou abrir sobre esta praga á Medio Rural, “posto que a falta de datos coñecidos fai pensar da escasa dimensión dos traballos que acometeu”.

Finalmente, desde Unións Agrarias voltan a insistir na necesidade de que a Xunta pida á Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) un seguro específico sobre a praga que poida afectar aos profesionais do sector.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada