Carne

Unións Agrarias apoia a aposta de Ternera Gallega “pola revalorización da carne”

A organización agraria considera que a modificación da normativa da Indicación Xeográfica Protexida contribuirá a abrir novos mercados

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/11/2023 2:08 p.m.

Unións Agrarias valora moi positivamente o posicionamento de Ternera Gallega a prol da diferenciación, a revalorización e a procura de novos mercados para as carnes amparadas pola IXP. A organización agrogandeira súmase ás valoracións feitas polo Consello Reitor e agarda que a nova normativa sirva de punto de inflexión e de inicio dunha nova época.

A organización agraria non entende determinadas posicións que tacha de "demagóxicas" respecto da diferenciación entre Ternera Gallega Suprema (TGS) e Ternera Gallega (TG) porque non se sosteñen nos datos e nos modelos de cría e manexo, definidos de xeito exhaustivo na nova normativa aprobada no pleno do pasado novembro por 10 votos a favor e só 1 en contra.

En ningún caso se pretende que a carne amparada baixo a categoría Ternera Gallega Suprema obtida nas explotacións con vacas nais se pareza á carne procedente de cebadeiros e etiquetada como Ternera Gallega. Ao revés, o que se busca é mellorar a calidade e diferenciar máis TG Suprema con respecto a TG, para que así mellore a súa comercialización e poida subir o prezo en orixe que perciben os produtores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O acordo que se tomou só afecta aos tenreiros e concretamente durante dous meses, durante os cales se poden seguir utilizando as forraxes na súa alimentación, complementados con cereais ou pensos vexetais, de ser necesarios, como xa se dixo.

O 60% da carne amparada pola IXP Ternera Gallega comercialízase actualmente en Galicia. Unha tendencia que se debe romper, coa vista posta na apertura de novos mercados, como o HORECA ou enclaves xeográficos con tirón turístico e maior poder adquisitivo, que permitan impulsar unha suba dos prezos das carnes galegas vinculada á súa diferenciación e calidade singular.

A calidade e a singularidade dunha carne caracterizada polo seu manexo e modo de cría tradicional, vinculado ao pastoreo ao aire libre e á alimentación do becerro a base de leite materna, son bazas que o sector non debe deixar pasar para conseguir reposicionar no mercado a carne de tenreira galega. Un produto que xa goza de excelente fama alén das fronteiras galegas, onde Unións Agrarias considera prioritario procurar novos nichos de mercado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada