Viña

Unións advirte que “queda moito por diante” para evitar fraudes na vendima

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/09/2019 12:14 p.m.

Unións Agrarias cree que as medidas anunciadas pola Consellería de Medio Rural para a erradicación da fraude no viñedo, “ten elementos positivos e recolle algunhas das demandas feitas polo sector ao longo dos últimos meses”.

Sen embargo, a organización critica que “dentro do panel de accións previstas, non se atopa unha das de maior efectividade como é a posta en marcha dun rexistro público de contratos de compravenda de uva da vendima”.

“Tal como lle transmitiu UUAA en repetidas ocasións ao conselleiro, na actualidade, e pese as obrigas de contractualización que establece a Lei de Cadea, moitas adegas seguen a mercar a uva sen prezo, obrigando a asinar contratos en branco aos produtores para a posteriori establecer cotizacións e volume, o que posibilita a entrada de uva non amparada” polos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe, explica Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA .

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Necesidade dunha aprobación de colleita e de establecer rendementos reais para cada zona xeográfica

Por outra parte, a organización agraria ve positivo que se intensifiquen os controis en fincas antes da vendima, “pero sempre en base a o establecemento dun rendemento real que teña en conta a zona xeográfica, o sistema de produción, a variedade de uva e o marco de plantación”, xa que entende que “o uso dun rendemento lineal para toda a denominación, pode levar á entrada de uva foránea polo oco que deixa o rendemento real sobre o rendemento teórico nalgunhas explotacións”.

En todo caso, Unións Agrarias valora o esforzo realizado polo departamento de José González, para implicar a oficina de control de fraudes de Medio Rural, “xa que por ela pasan as entradas e saída de uvas e viño”, pero advirte de que “resulta imprescindible que se coordine de xeito eficiente o seu traballo co dos veedores dos consellos reguladores para evitar duplicidades que resten efectividade”.

Por outra banda, Unións Agrarias cree que para acadar unha mecánica de traballo transparente nos CRDO é imprescindible que unha vez rematada a vendima, se certifique unha aprobación de colleita en todas as denominacións de orixe ligando a este dato a posterior expedición de contraetiquetas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Finalmente, a organización agraria fai un chamamento para que se convoquen as mesas sectoriais do viño para trazar de consenso o futuro inmediato e a medio prazo do sector do viño de Galicia.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada