Noticias de empresa

Uniform-App, unha ferramenta útil para gandeiros e veterinarios

O software Uniform-Repro dispón dunha aplicación móbil que facilita a realización na granxa de consultas, rexistros ou o seguemento dunha lista de tarefas

Uniform Agri 29/11/2018 3:12 p.m.

A tecnoloxía vaise implantando pouco a pouco no sector lácteo, cada vez hai máis aplicacións dispoñibles para ir abandonando paulatinamente o papel. Polo uso que se lle dá noutras facetas da nosa vida diaria, sabemos que a informática pode facilitarnos moito a vida, afórranos tempo e simplifica procesos. Aínda que a adaptación a ela pode crear certo respeto e resistencia, non hai nada que temer se se trata dunha ferramenta que está totalmente enfocada a axudar ao usuario e a resolver tarefas da forma máis eficiente posible.

Uniform-Repro
É o caso do programa UNIFORM-Repro, unha ferramenta de xestión de rabaños totalmente enfocada ao usuario, tanto gandeiro como veterinario. Uniform-Repro ten diversas ferramentas adicionais que permiten facilitar trámites ou o rexistro de determinados datos, como pode ser:

- Importar controis leiteiros e valores xenéticos na mesma ficha de cada vaca na que se consulta o rendemento reprodutivo e a saúde.

- Importar os axustes para saber que touro lle convén a cada vaca á hora de ir ao tanque a escoller a pajuela.

- Controlar o stock de tanque de seme e do botiquín de medicamentos.

- Ir xerando o libro de tratamentos, de forma totalmente automática en base ao rexistro diario do uso de medicamentos.

- Xerar as guías de movementos e o libro de movementos da explotación, totalmente válido para presentar nas Oficinas da Administración.

Estas funcionalidades adoitan ser máis útiles para gandarías que son usuarias de Uniform-Repro. No entanto, hai unha ferramenta que é igual de válida para gandeiros e veterinarios, esta é UNIFORM-App, a aplicación para móbil ou Tablet.

Como funciona Uniform-App nunha explotación

[caption id="attachment_78786" align="alignright" width="260"] Apariencia da pantalla inicial de Uniform-App.[/caption]

Uniform-App vai enlazada co programa de ordenador e pode estar instalada en varios móbiles ou tablets. Pode traballarse con ela con ou sen conexión a internet e, unha vez se ten conexión, sincronízanse todos os datos introducidos desde o móbil co computador.

Desta forma, podemos evitar estar a ir e vindo á oficina da explotación para consultar a historia dunha vaca ou para rexistrar eventos tan habituais como un parto, unha inseminación ou unha enfermidade. Tamén evitamos o risco de apuntalo nun papel que máis tarde pode extraviarse e perder o dato, alterando as análises da evolución da gandaría.

Con UNIFORM-App podemos consultar animais individualmente ou levar no peto listas de tarefas, como animais a secar ou a lista de traballo do veterinario. Tamén temos listas de atencións, para animais que estean próximos a celo, por exemplo.

Lembre que pode probar gratis Uniform-App cunha granxa de proba. Neste vídeo explicamos como facelo.

Ademais de todo isto, Uniform-App pode ser implantada en gandarías que sexan clientes dun usuario con licenza Vet ADVANCED de Uniform-Repro.

[box style="0"]

Uniform-App para veterinarios

[caption id="attachment_74428" align="alignright" width="260"] Un usuario introducindo datos de xestación durante a visita do seu veterinario.[/caption]

Para os equipos veterinarios desenvolveuse un novo formato da Uniform-App que non só permite que varios membros do equipo leven as súas gandarías no móbil, senón que tamén poden instalarlle a aplicación móbil a gandeiros que teñan contratados os seus servizos. Desta forma, os gandeiros poden tamén consultar a información das súas vacas e ir rexistrando datos a diario.

Esta funcionalidade permite aforrar gran cantidade de tempo na visita periódica do veterinario, empregada xeralmente en organizar e rexistrar os datos. Se o gandeiro ten UNIFORM-App pódese empregar máis tempo en analizar a situación da gandaría e facer seguemento do seu rendemento.

En cada conta da App, é posible ter varios usuarios, que poden ser de perfil veterinario ou gandeiro. Dependerá de a cantas gandarías se lles dea acceso. En calquera caso, os gandeiros só teñen acceso aos datos dos seus respectivos rabaños. Unha vez instalada a aplicación no móbil ou tablet, establécese un horario co gandeiro para coordinar a sincronización. Así, por exemplo, pode coordinarse o envío dos datos sempre 1 día ou 2 días antes da visita veterinaria para control reprodutivo.

Sincronización de datos
Os datos que se envían desde as gandarías son sincronizados co computador central, onde está instalado Uniform-Repro en versión para veterinarios. Este computador pode estar na oficina, aceso 24 horas todos os días, ou pode ser o portátil do veterinario, sempre que se coordinen ben as horas de sincronización de datos.

[caption id="attachment_78783" align="alignright" width="260"] Apariencia da ficha individual dunha vaca que está baleira. Nela figuran os acoplamentos que lle corresponden en base ó fixado no programa de ordenador.[/caption]

Ao sincronizar, os gandeiros non só envían datos, tamén reciben os datos que fosen introducidos desde o computador, como son os resultados, protocolos e tarefas a realizar tras o control reprodutivo, a actualización do censo da explotación, os resultados de control leiteiro ou un touro novo para inseminar.

Módulo MFS Bureau
A sincronización de datos pode perfeccionarse aínda máis, non só entre gandeiros e veterinarios, senón tamén entre veterinarios dun mesmo equipo, mediante a adquisición dun módulo exclusivo para xestionar as gandarías de forma segura e automática.

Este módulo, denominado MFS Bureau Service, permite realizar copias de seguridade de forma automática, que son enviadas á nube ou a un servidor. Estas copias de seguridade están actualizadas grazas ao traballo diario do equipo e á sincronización desde a UNIFORM-App.

Ao abrir o seu programa, cada veterinario pode, mediante un clic, comprobar que ten a versión máis actualizada da explotación que quere analizar. Se non é así, o programa encárgase de restaurar a versión máis actualizada. Ademais, este módulo inclúe a posibilidade de comparar gandarías entre si nunha soa pantalla.

Se quere máis información sobre UNIFORM-App para gandaría ou para veterinarios, así como información máis detallada sobre MFS Bureau Service para veterinarios, pode contactar co noso equipo no email: ventas (arroba) uniform-agri.com ou chamando ao 695 45 67 35.

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada