Carne

Unha vaca de raza Rubia Galega alcanza un peso de 884 quilos en canal

Loading ad.
Ad could not be loaded.
11/03/2021 3:35 p.m.

O matadoiro galego Frigoríficos Bandeira, contou no día de hoxe cun animal de marca. Na firma están afeitos a bois de grandes dimensións, pero nesta ocasión unha vaca marcou a diferenza. Un exemplar de raza Rubia Galega e chegado da localidade coruñesa de Cerceda acadou un peso en canle de 884 quilos en canle.

“É un animal extraordinario, único no mundo, e a súa carne será excepcional”, desta forma describía Pepe Cochón, propietario da firma, ao exemplar chegado esta mañá ás instalacións de Bandeira (Silleda).

O exemplar instaurou unha nova marca no matadoiro que, aínda que están moi afeitos contar con animais de gran tamaño, recoñecían que é a primeira vez que se atopaban cunha vaca destas dimensións. “En bois é frecuente que se alcance este tamaño, pero en vacas non é nada habitual”, por iso chegaron a considerala un exemplar único desta raza galega en todo o mundo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A vaca procedía dunha casa de labranza situada no concello coruñés de Cerceda, onde a súa dona deulle ao longo da súa vida unha alimentación a base de produtos naturais e sen apenas transformación. Alimentouse a base de herba verde e seca e millo, cunha media de 22 quilos de fariña de millo ao día. No matadoiro destacouse non só as dimensións do animal senón a calidade da carne debido á alimentación que tivo esta res.

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada