Apicultura

Unha trintena de postos participarán esta fin de semana na Feira do Mel de Montaña de Muras

08/12/2023 11:16 a.m.

O concello lugués de Muras celebra esta fin de semana a oitava edición da Feira do Mel de Montaña, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Isabel Goti e Manuel Ferreira da Casa do Mel de Goente , presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.

A feira, que se abrirá o domingo ás 10.00 horas, na Praza do Viveiró contará cunha trinta de postos de venda de mel e outros produtos derivados ou elaborados con mel -hidromel, cervexa, cera..... -, entre eles oito postos de produtoras e produtores de mel de Muras que participarán tamén na cata de mel que se celebrará o sábado pola tarde.

Manuel Requeijo valorou a Feira do Mel como "un evento consolidado co que fomos cumprindo os obxectivos que nos marcamos inicialmente de promocionar o mel de montaña e poñer en valor as producións locais" e convidou "a achegarse a Muras para disfrutar do produto e dun espazo único como o Viveiró, nun día que reflicte o dinamismo e vida que hai no rural”

Daniel García explicou que “desde a área de Medio Rural valoramos especialmente estas iniciativas que inciden na diversificación produtiva, promovendo actividades como a apicultura que xeneran rendas complementarias para as persoas que viven no rural e contribúen ao mantemento do medio natural” e valorou “o traballo que o goberno municipal de Muras ven desenvolvendo para dinamizar económica e socialmente o concello a partir do aproveitamento do monte”.

A feira e cata de mel compleméntase cun programa lúdico con demostracións de cociña -con Lucía Freitas- , obradoiros de cocina ou elaboración de cera para as máis pequenas e actuacións musicais para amenizar a xornada.

Programa:

Sábado 9 de decembro

-17.30 horas. Cata de Mel de Montaña

-20.00 horas. Conferencia “Invernada das abellas” a cargo do biólogo e apicultor Miguel Vélez

-21.30 horas. Degustación de liscos de balde, amenizado polo Dúo Musical Pedriñas

Domingo 10 de decembro

Pasarrúas e música en directo para amenizar toda a xornada

-10.00 horas. Apertura da Feria

-11.00 horas. Obradoiro de cera a cargo da Asociación Casa do Mel de Goente

-12.00 horas. Showcooking con Lucías Freitas. propietaria e chefdos restaurantes “Lume” e “A Tafona” galardoado cunha Estrela Michelín

-14.00 horas. Xantar

-16.00 horas. Obradoiro de cociña para os máis pequenos impartido por “Espacio Vivo”

-19.00 horas. Entrega de premios do concurso da cata de Mel de Montaña

Etiquetado
Ir a la portada