Desenvolvemento rural

Unha Semana Santa de ‘Galicia Calidade’

O selo publica un catálogo, denominado ‘Grupo Lecer’, que recolle todos os establecementos turísticos certificados, boa parte deles ubicados en entornos rurais

Campo Galego 25/03/2018 5:47 p.m.

Coincidindo coa celebración da Semana Santa,’Galicia Calidade’ vén de presentar un catálogo online e en papel dos establecementos hosteleiros e de restauración que contan coa certificación do selo. O catálogo, baixo o título ‘Grupo Lecer’, agrupa a 42 empresas de toda Galicia, que durante estas datas ofrecen aos seus clientes diversas ofertas e descontos.

O director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, destaca que “é fundamental que os turistas que visitan Galicia e que optan por aloxarse ou degustar a gastronomía galega nos establecementos certificados co selo de calidade vivan unha experiencia única, inigualable, que os anime a volver de novo á nosa comunidade”.

‘Galicia Calidade’ lanzou hai uns días a edición de peto, en papel e en versión online do catálogo do Grupo Lecer, un documento de consulta práctico para que todo aquel que necesite información sobre os devanditos establecementos poida tela a man en calquera momento.

Todos os interesados poden solicitar o catálogo a través dunha mensaxe privada na páxina de Facebook de Galicia Calidade (envío por correo postal ata esgotar existencias) ou ben poden descargala desde a páxina web de www.galiciacalidadelecer.gal ou desde esta ligazón directa.

[box style="0"]

Listado de establecementos

A CORUÑA:
• Asador Vacavella
• Bodeguilla de San lázaro
• Bodeguilla de Santa marta
• Hotel Blue Coruña
• Hotel Monumento Pazo do río
• Hotel Pazo de Altamira
• La Postreria
• Mesón A Cepa
• Curro da parra
• Rincón da Baiúca
• Restaurante Bido
• Restaurante Cantina río covés
• Restaurante Chicolino
• Restaurante El Refugio
• Restaurante Finisterrae Casa de los peces
• Restaurante Finisterrae La Torre

PONTEVEDRA
• Bar Berberecho
• Casa de Cacheiro
• Casa rural Abadía Eiras
• Casa Vixide
• Eirado da leña
• Hotel Augusta Spa Resort
• Hotel Bosque Mar
• Hotel Campomar
• Hotel Rotilio
• Hotel Spa Nanín Playa
• Porto Deportivo Xoán Carlos I
• Restaurante Carmen
• Restaurante Mardivino Asador
• Restaurante Yayo Daporta
• Talaso Hotel Louxo La Toja

LUGO
• A Parada das Bestas
• Casa das Xacias
• Hotel Alfonso IX
• Hotel Ego-Restaurante Nito
• Restaurante A Mirandilla
• Restaurante España
• Restaurante O Grelo

OURENSE
• Bar tamarindo
• Restaurante A Carballeira
• Restaurante A Taberna
• Restaurante El Coto
• Restaurante O Barazal -Pazo Almuzara

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada