Carne

Unha Rubia Galega de récord, vendida por 7.139 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 31/05/2023 9:03 a.m.

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistrou este martes o maior prezo pagado por unha vaca neste mercado. Se ben o récord da categoría de vacún maior se sitúa nos 10.469 euros acadados por un boi de raza mestiza o 1 de marzo de 2022, en canto ás femias de vacún o maior prezo situábase ata hoxe nos 6.129 euros.

Foi unha vaca Rubia Galega a que elevou esta semana a cifra récord en Silleda para as vacas ó acadar un prezo de 7.139 euros. Trátase dun animal inscrita na IXP Vaca e Boi de Galicia, nacida o 15 de febreiro de 2013 e pertencente a unha gandería do Pino (A Coruña). O exemplar foi adquirido pola empresa portuguesa, Serragados Comércio de Gado.

https://www.campogalego.gal/suba-xeral-dos-prezos-gando-vacun-en-silleda/

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada