Viña

Unha plataforma comercializará experiencias de enoturismo nas cinco rutas do viño galegas

A Ruta do Viño de Monterrei analizou na súa última reunión a iniciativa, impulsada coa colaboración da Axencia Galega de Turismo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/08/2020 3:04 p.m.

O enoturismo galego vai dando pasos cara a estabilidade e a desestacionalización. A Ruta do Viño de Monterrei abordou estes días, na súa última reunión, a próxima creación dunha plataforma de experiencias enoturísticas na que estarán presentes as cinco rutas do viño de Galicia, unha por cada denominación de orixe. O proxecto, en colaboración coa Axencia Galega de Turismo, ofrécelle ó sector unha canle coordinada de promoción.

A presidenta da asociación Ruta do Viño de Monterrei, Lara da Silva, destacou na reunión a necesidade de reactivar o enoturismo na comarca de Monterrei, para o que considera que pode ser útil a nova plataforma. “A unión fai a forza e pódense crear sinerxias interesantes. É necesario que visitantes e turistas conten con información unificada da oferta enogastronómica de Galicia”, valora.

Outra das cuestións que abordou a Ruta do Viño de Monterrei é a xornada de portas abertas prevista para o último fin de semana de outubro, así como o plan público de reactivación dos sectores culturais e turísticos afectados polo coronavirus.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Colaboración co bono ofertado ós sanitarios
Doutra banda, dous socios da Ruta do Viño de Monterrei, O Retiro do Conde e Gargalo, promoven unha iniciativa conxunta, dentro do plan de bono turísticos ofertado pola Xunta ós sanitarios, polo que o establecemento hosteleiro invitará ós clientes de dito bono a unha visita á adega, que a súa vez doará o importe derivado das mesmas a Cáritas.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada