A primavera está a ser xenerosa en partos na gandería de ovino de Xavier Fernández Arias en Cospeito (Lugo). E é que a pasada noite unha das súas ovellas pariu 6 años vivos, algo moi raro nesta especie.
“É o terceiro parto de esta ovella, e de momento están todos ben. Nos dous partos anteriores xa tivo catro años en cada un. É unha ovella cruce de Pelibuey e de Romanov, dúas razas moi prolíficas”, destaca este gandeiro.
Pero non é o único parto múltiple destacado nesta gandería de ovino, pois hai dous días outra das súas ovellas pariu 5 cordeiros, todos en bo estado.