Carne

Unha granxa de porcino galega recibe o premio Porc D´Or do Ministerio á mellor de España

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/12/2019 12:37 p.m.

Máis de 1000 profesionais do sector porcino reuníronse este venres pola noite no Palacio de Congresos de Huesca na celebración da XXVI edición dos prestixiosos premios Porc d´Or á excelencia na produción porcina, na que o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias (IRTA), organizador dos premios, fixo entrega de 48 galardóns Porc d´Or a un total de 44 granxas de porcino pertencentes a 16 provincias e sete comunidades autónomas, como recoñecemento á súa profesionalidade, esforzo e extraordinario labor.

Huesca, Pontevedra e Burgos conseguen os premios especiais

O que é considerado como o máximo galardón, o premio especial Porc d´Or con Diamante, que recoñece a eficiencia produtiva en xeral, quedouse na provincia anfitrioa, concretamente na granxa Laguarrés - Agropecuaria do Isábena, da empresa Mazana Piensos Compuestos, situada na localidade de mesmo nome.

Por outra banda, o premio especial Porc d´Or do MAPA, entregado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que valora especialmente os parámetros relacionados coa "Sanidade, Benestar Animal e Medioambiente", foi parar a Pontevedra a Granxa Cruces, da empresa Nudesa, en Vila de Cruces.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Burgos foi recoñecida pola súa innovación mediante o premio especial Porc d´Or Zoetis á Innovación que se levou Granja Romaniega, de Agrocesa - Vall Companys Grup, localizada en Caleruega.

Uns premios moi repartidos

En canto ás 45 figuras restantes, entregadas en función dos criterios de Taxa de Partos, Lonxevidade e Produtividade Numérica, repartíronse da seguinte forma. Aragón e Cataluña comparten a primeira posición -como xa ocorreu o pasado ano- con 15 premios (seis ouros, cinco pratas, catro bronces), cada unha delas. No caso de Aragón, ademais de alzarse co Porc d´Or con Diamante, recibiu trece figuras (catro ouros, cinco pratas e catro bronces) para trece granxas oscenses; e dous ouros para dúas granxas de Zaragoza. Cataluña pola súa banda obtivo nove figuras (tres ouros, catro pratas e dous bronces) para oito granxas de Barcelona; catro (tres ouros e unha prata) para tres granxas de Xirona; e un bronce para granxas de Lérida e Tarragona.

Navarra foi a seguinte comunidade máis premiada cun total de seis Porc d´Or (dúas pratas e catro bronces). A continuación, Galicia, que ademais de recibir o premio especial do Ministerio, conseguiu tres galardoes máis: dous bronces para dúas granxas de Ourense e unha prata para A Coruña (medalla de prata para Nudesa Expocutrin en San Fins de Sales, e dous bronces para as granxas de Coren Casadovento de Parada de Sil e a de Benito Rodríguez Vázquez en Bresmaus).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Séguelle Castela e León: ao premio especial á innovación que obtivo Burgos, hai que sumar unha figura de ouro para unha granxa de Zamora e unha figura de bronce que foi parar a Segovia. Por último, pechan a clasificación Castela A Mancha con dous ouros (Albacete e Toledo); e A Rioxa con dúas pratas.

Granxas premiadas: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada