Carne

Unha empresa galega presenta dúas innovacións tecnolóxicas para as granxas avícolas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/04/2017 1:54 p.m.

A empresa galega Sinergia G6 acaba de lanzar ao mercado unhas importantes innovacións tecnolóxicas para a monitoraxe integral de explotacións avícolas.

Esta innovacións, FarmsCloud e TruckAirCheckSW, foron presentadas en Figan, a Feira de Produción Animal de Zaragoza, onde a empresa galega sentou as bases para a súa comercialización, mediante a firma de acordos de distribución exclusiva con compañías líderes do sector nacional e outras multinacionais da mesma área.

Roberto Goñi Petit, director xeral da compañía, destaca que a presenza en Figan “permitiunos afianzar relacións comerciais cos nosos actuais clientes realizando demostracións in situ”, Neste marco, “os nosos clientes constataron que a innovación tecnolóxica de Sinergia G6 achégalles eficiencia produtiva, cumprimento normativo e benestar animal”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

FarmsCloud, o primeiro portal que permite a monitoraxe en tempo real das explotacións gandeiras

Especializados inicialmente en avicultura, Sinergia G6 é a primeira compañía do mercado en desenvolver o portal web FarmsCloud, que permite a monitoraxe integral en tempo real das explotacións gandeiras. Goñi Petit destaca que “FarmsCloud é o único portal do mercado a nivel mundial que permite centralizar o control de todas as explotacións dunha integradora e a sensorización ambiental de amoníaco, dióxido de carbono, temperatura e humidade relativa”. Ademais, tamén permite o control da produción, os silos de alimento, o consumo de auga e o control de peso en continuo; achegando adicionalmente un sistema de alerta externo aos granxeiros e veterinarios.

Por outra banda, Sinergia G6 presentou o seu produto TruckAirCheckSW como novidade mundial para a monitoraxe en tempo real do transporte de pitiños dun día da incubadora á explotación avícola. Este produto de alto valor engadido permite controlar en tempo real o proceso crítico de transporte e tomar decisións para incrementar a produtividade e benestar animal. Son variables críticas para a consecución dos máximos índices de conversión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Seguindo os preceptos do big data e intelixencia artificial, Sinergia G6 está a desenvolver o granxeiro virtual como resultado dunha investigación de dous anos xunto á Universidade de Vigo e a Universitat Autònoma de Barcelona.

Deste xeito, Manuel Portela González, director técnico de Sinergia G6, afirma que “creamos un sistema baseado na sensorización e procesamento de datos co obxectivo de supervisar as explotacións en tempo real as 24 horas do día, cunha eficacia equivalente ao control similar que ofrece un operario con máis de 15 anos de experiencia”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A empresa Sinergia G6

Sinergia G6 é unha compañía pioneira en ofrecer melloras en tempo real para granxas. Especializados en avicultura, ofrece solucións aos problemas asociados ao baixo nivel tecnolóxico das explotacións agrogandeiras, e está a ser apoiada no seu desenvolvemento pola Xunta de Galicia a través de Xes Galicia, e do Ministerio de Industria a través do CDTI, co seu programa Neotec.

Nada da conxunción de esforzos e coñecementos dun grupo de enxeñeiros e profesionais con experiencia nos sectores tecnolóxico, industrial e agrogandeiro, Sinergia G6 naceu en 2015 e está situada no Polígono da Granxa (O Porriño).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada