Viña

Unha adega galega entre as cinco mellores de España para a revista americana Wine Spectator

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/10/2020 12:52 p.m.

A prestixiosa revista norteamericana Wine & Spirits Magazine seleccionou entre o seu top 100 anual á Adega Quinta da Muradella de Verín entre as 100 mellores adegas do mundo .

Esta exclusiva lista só a integran en España cinco Bodegas Veiga - Sicilia, Gran Clos del Priorat, López de Heredia de La Rioja e Bodegas y Viñedos do enólogo Raúl Pérez.

Quinta da Muradella é unha pequena adega da Denominaión de Orixe Monterrei que desde os seus inicios apostou pola exclusividade, recuperando variedades autóctonas como Albarello, Bastardo, Dona Branca ou Monstruosa de Monterrei, e por unha viticultura tradicional respectuosa co medioambiente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

José Luís Mateo García, viticultor e propietario da adega, cultiva xunto con outros dous traballadores, un total de 19 hectáreas de viñedo que nun ano normal permiten elaborar unhas 40.000 botellas, boa parte con destino á exportación.

“É a segunda vez que recibimos este recoñecemento de Wine & Spirits Magazine, a primeira foi en 2014, e para min é moi importante porque sitúa á Denominación de Orixe Monterrei no mercado de Estados Unidos. Ademais, é un orgullo para min, para a familia e para os meus traballadores que Quinta da Muradella figue na mesma lista que outras grandes adegas de renome a nivel nacional”, asegura José Luís Mateo.

A adega apostou desde os seus inicios pola agricultura ecolóxica, e nestes momentos xa ten 15 hectáreas certificadas polo CRAEGA. En canto á conxuntura actual, este viticultor recoñece que “está todo moi complicado, porque os mercados exteriores tamén están moi afectados pola crise do Covid 19 e no noso caso estamos moi centrados na canle HORECA”. “Temos que aguantar como sexa porque algún día isto terá que recuperarse”, subliña.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada