Viña

Un viño do Ribeiro, Canción de Elisa 2022, elixido mellor viño branco de España

Loading ad.
Ad could not be loaded.
06/06/2023 5:10 p.m.

Un viño da Denominación de Orixe Ribeiro, Canción de Elisa 2022, da adega homónima, acaba de ser galardoado co premio ao mellor viño branco de España no concurso Premios Baco á colleita 2022, organizados pola Unión Española de Catadores. Destaca tamén a distinción para “Arrisco”, un mencía de Adegas Petrón, na DO. Ribeira Sacra, que recibiu o premio á mellor nova marca.

Ademáis, o enólogo ourensán Pablo Estévez recibiu a distinción ao mellor enólogo de viños xóvenes.

En total, Galicia sumou nada menos que 54 galardóns nos Premios Baco, repartidos do seguinte xeito: DO. Rías Baixas, 21 medallas, Ribeiro 13 medallas, Valdeorras 12 distincións, 5 para os viños da DO. Monterrei e 3 para os amparados pola DO. Ribeira Sacra.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Consulta aquí a lista de galardoados nos Premios Baco 2022

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada