Viña

Un Valdeorras e un Ribeiro logran a máxima distinción no concurso internacional Catavinum

Loading ad.
Ad could not be loaded.
29/03/2021 11:36 a.m.

Un viño da Denominación de Orixe Valdeorras, Lagar Do Cigur Crianza Garnacha 2015, e outro da Denominacion de Orixe Ribeiro, Alberte Doble Lias 2018 foron os únicos galegos en alzarse coa máxima distinción, o Gran Ouro, no concurso internacional "Catavinum World Wine & Spirits Competition" acaba de publicar os resultados da cata de viños e licores do mundo da edición 2021

Para a realización do concurso catáronse un total de 3457 viños e licores, dos cales, obtiveron medalla e o seu correspondente diploma 1033. Ao certame presentáronse viños de máis de 20 países: Arxentina, Australia, Austria, Bulgaria, Canadá, Chile, Grecia, República Checa, Francia, Alemaña, Italia, Malta, Portugal, Sudáfrica, España, Estados Unidos...

Entre os que se alzaron co Gran Ouro figuran dous galegos: Lagar Do Cigur Crianza Garnacha 2015, producido por Adega Melillas E Fillos S.l. Trátase dun viño tinto con crianza en barrica e elaborado con uva garnacha. En canto a Alberte Doble Lias 2018, de Adegas Nairoa, S.l., é un branco plurivarietal elaborado a partir de uvas das variedades treixadura, albariño, lado e loureira.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os resultados do "Catavinum World Wine & Spirits Competition" pódense ver na seguinte ligazón

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada