Viña

Un terzo dos viños da D.O. Rías Baixas véndense xa no estranxeiro

As vendas no exterior superaron o pasado ano por primeira vez un terzo do total de botellas comercializadas polas adegas. Estados Unidos e Reino Unido son os dous principais destinos das exportacións

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/03/2022 8:55 a.m.

[caption id="attachment_166480" align="aligncenter" width="1600"] Presentación dos resultados das vendas no estranxeiro da DO Rías Baixas no ano 2021[/caption]

O ano 2021 deixou un resultado positivo no que se refire ás vendas exteriores dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, concretamente con cifras récord e crecementos importantes no apartado de exportación: 9.483.092 litros en volume (cun incremento do 16,97%) e 56.239.888€ (+27,43%) en valor.

Estas cifras representan o 33,76% do total das vendas do conxunto das adegas durante o pasado exercicio, que por primeira vez na historia deste Consello Regulador as exportacións superan o 33%. Ademais, estes viños atlánticos foron postos no mercado exterior por 109 adegas da denominación e adquiridos por máis de 70 países.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Superados os peores momentos da covid-19, o Brexit e os aranceis norteamericanos, 0 viño Rías Baixas chega a 70 países

O total de viño amparado por esta DO véndese embotellado e o número de botellas vendidas no estranxeiro o pasado exercicio foi dun total de 12.644.123. O prezo medio por foi de 5,93€, superando así o prezo do ano anterior de 5,44€.

As exportacións creceron un 16,97% en volume e un 27,44% en valor e supoñen o 33,76% do total de vendas das adegas rexistradas na Denominación de Orixe

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Superados os peores momentos da covid-19, os aranceis en Estados Unidos e a incerteza do Brexit, os mercados volven á normalidade e seguen a súa aposta polos viños da D.O. Rías Baixas. Aínda que Europa posiciónase como o primeiro comprador en canto a volume, América supéraa en valor.

Principais mercados de exportación

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estados Unidos e Reino Unido, respectivamente, xa superan o limiar dos 2 millóns de litros. Completan os cinco primeiros destinos dos viños de Rías Baixas: Porto Rico, Irlanda, ambos con máis 500.000 litros, e Países Baixos. O top ten continúa en Canadá, Alemaña, México, Suecia e Suíza.

Destaca o incremento do volume en países como Suíza un 108,58%, tamén México cun 42,76%, Irlanda con 36,59, Países Baixos cun 22,25% e Estados Unidos cun 20,21%. Os aumentos en valor nestes países son aínda maiores, empezando por Suíza cun 140,99%, México cun 53,40%, Irlanda cun 33,88%, Países Baixos cun 32,19%, igual porcentaxe ten Estados Unidos.

O mercado americano xa supera ao europeo en canto ao valor das exportacións

Aínda que non se atopan entre os dez primeiros destinos, hai outros mercados que destacan pola súa traxectoria e que ocupan os seguintes postos: undécimo Rusia (+6,45%), duodécimo República Dominicana (73,49%) e décimo cuarto Xapón (28,12%).

Rusia ocupa o undécimo lugar entre os principais destinos dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas

Xa no exercicio 2021, o departamento de Marketing organizou accións promocionais en República Dominicana e Rusia. Estas actuacións manteranse durante este ano, excepto en Rusia, segundo se puxo de manifesto durante a presentación das cifras de exportacións da Denominación de Orixe Rías Baixas no exercicio 2021, que inclúen cifras récord e crecementos importantes.

Xunto a outras actividades en países do leste de Europa, tamén se continuará traballando nos plans promocionais tradicionais nos principais destinos de exportación: Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Irlanda, Países Baixos, Canadá, México, Xapón e Suíza.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada