Leite

Un método sinxelo para comprobar se o millo está ben picado

Resumo da ponencia de Raquel Cortesão, responsable de nutrición animal para Iberia de Corteva agriscience, na xornada organizada pola oficina agraria comarcal de Lugo sobre mellora da eficiencia en granxas de vacún de leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/09/2018 12:03 p.m.

Estamos en plena campaña de ensilado do millo, un proceso no que o corte que faga a máquina é clave tanto para mellorar o aproveitamento da forraxe por parte da vaca como á hora de facilitar a compactación do silo. O obxectivo debería ser lograr un tamaño de partícula de ao redor de 2,6 mm.

Neste sentido, Raquel Cortesão, responsable de nutrición animal para Iberia de CORTEVA agriscience , explicou nunha recente xornada organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo un procedemento sinxelo para que o gandeiro ou o técnico poda comprobar se o picado é o correcto.

O procedemento Pioneer de verificación do picado consiste en encher un vaso co millo picado, a continuación verter o contido sobre unha superficie plana e contar o número de grans de millo enteiros ou só parcialmente picados. O ideal é o que cada grao de millo estea picado en polo menos 4 anacos para que a vaca aproevite mellor o amidón. Desta forma, concluirase que:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Se no contido hai entre 0 e 2 graos enteiros o picado é ideal.

-Se hai entre 2 e 4 sería un picado adecuado.

-Se hai máis de 4 o picado non é o axeitado e habería que regular a picadora.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

¿Cando é o momento óptimo para ensilar?

Sen dúbida a dispoñibilidade de maquinaria e que se poda acceder ás fincas é un dos factores que condiciona de xeito importante o momento da corta do millo.

Tendo en conta iso, Raquel Cortesão recordou que “a maioría dos híbridos, independentemente do seu CRM (Comparativa de Madurez Relativa) precisan de 900 GDU´s (unidades de graos de crecemento) para chegar ao punto óptimo para ensilalos despois de espigaren, e así asegurar a máxima cantidade de azucres, ideais tanto para a fermentación como para o valor nutricional da forraxe”.

Así, despois do espigado habería que agardar entre 35 e 40 días para acadar un 30% de materia seca, e algúns días máis para lograr o ideal: de entre un 32 e un 35% de materia seca.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido, a responsable de Pioneer lembrou que “a maior parte das diferenzas entre híbridos de millo, de diferentes CRM´s, están entre a emerxencia e o espigado, non dende o espigado ata acadar ese 32 ou 32% de materia seca”.

Unha maior materia seca, cun millo máis “pasado”, comprometería a dixestibilidade da forraxe, ao baixar tanto o contido den azucres como a Fibra Neutro Deterxente (NDF).

Altura de corte:

Un corte alto ( a 50-60 cm do chan) permitirá ensilar forraxe cun maior contido en materia seca e de maior valor nutricional (amidón, proteína..) comparado co corte á altura habitual (aproximadamente 15-17 cm), se ben é certo que reducirá a cantidade de ensilado de millo dispoñíbel por hectárea.

Neste sentido, Raquel Cortesão destacou que “un corte alto do millo permite aumentar a dixestibilidade da fibra para racións de transición e de alta produción”.

“Aínda que cada vez que elevamos 10 centímetros a altura de corte perdemos entre 1,5 e 2 toneladas de produción por hectárea, sen embargo diversas investigacións tamén demostran que cada 30 cm que subimos o corte temos unha suba do 2 ao 3% de amidón e do 2 ao 4% de dixestibilidade, de acordo coa época de crecemento”, engadiu.

En conclusión, un corte alto ( a 50-60 cm) permitirá ensilar forraxe cun maior contido en materia seca e de maior valor nutricional comparado co corte á altura habitual (aproximadamente 15-17 cm) pero reducirá a cantidade de ensilado de millo dispoñíbel por hectárea.

[box style="0"]

Máis información:

-¿Como inflúe como se procesa o gran do millo na dixestibilidade do silo?

-¿Como inflúe a altura de corte do millo no seu valor nutritivo e no rendemento leiteiro?

 

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada