Carne

Un investigador galego pon en marcha unha planta de tratamento integral dos xurros de porcino

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/12/2016 12:21 p.m.

A preocupación polas emisións gasosas e, máis concretamente, polos compostos orgánicos volátiles e os gases de efecto invernadoiro causantes do cambio climático é algo que ocupa cada vez máis a atención da nosa sociedade e da comunidade científica, que nos últimos anos dedica un número crecente de recursos para o estudo da redución desas emisións.

De xeito máis específico, o investigador do Departamento de Enxeñaría Química da USC Santiago Gómez Cuervo estuda na súa tese de doutoramento a eliminación dun importante gas de efecto invernadoiro como é o metano (cun potencial de quecemento 30 veces maior que o do dióxido de carbono). Este gas está presente en emisións difusas, que son aquelas que presentan concentracións inferiores ao 3% e que supoñen unha boa parte da emisión global á atmosfera deste composto, como así acontece en moitas das actividades humanas como as relacionadas coa agroindustria, a minería, vertedoiros ou estacións de gas de tratamento de augas residuais, entre outras.

A tese, que se levou a cabo nas instalacións da Escola Superior Técnica de Enxeñaría (ETSE) baixo a dirección do doutor Jerónimo Hernandez Sicilia e o profesor Francisco Omil Prieto (Depto. de Enxeñaría Química), aborda en primeiro lugar o desenvolvemento de tecnoloxías biolóxicas de baixo custo destinadas especificamente á eliminación do metano presente en emisións difusas así coma tamén de forma simultánea compostos orgánicos volátiles e cheiros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Aplicación nunha explotación porcina de Chipre

Xa nunha segunda parte do traballo recolle a implementación destes resultados no deseño, construción e posta en marcha dunha planta de tratamento integral dos xurros xerados por unha industria de engorde de gando porcino localizada en Chipre, para o que contou co financiamento da Unión Europea a través do proxecto LIVEWASTE do programa LIFE.

Mediante un consorcio formado por catro universidades europeas –a USC, a de Verona (Italia), a Nacional Técnica de Atenas (Grecia) e Técnica de Chipre-, a empresa agroalimentaria local Animalia Genetics e unha axencia do Ministerio de Medio Ambiente de Chipre, deseñouse, construíuse e púxose en marcha unha planta para o tratamento integral de xurros de gando porcino cuxos obxectivos incluíron non só a eliminación da contaminación que supoñen eses vertidos, senón tamén a súa valorización a través da xeración dun biogás combustible, a produción dun efluente final de auga reutilizable e a produción de fertilizantes coma o compost e a estruvita, á vez que se minimizaron as emisións gasosas de metano, compostos orgánicos volátiles e cheiros mediante as tecnoloxías desenvolvidas nas instalacións da ETSE na USC.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O tribunal ualificou a tese ‘Biofiltración de emisións difusas de metano: Desenvolvemento de tecnoloxía e integración sistemas de tratamento de xurros’ cun Sobresaliente Cum Laude.
 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada