Viña

Un grupo de alumnos do Instituto Galego do Viño coñece in situ o potencial enolóxico de Valdeorras

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/09/2023 4:47 p.m.

Un grupo de alumnos e alumnas do XI Curso Superior de Sumiller Profesional, impartido polo Instituto Galego do Viño, está a realizar na xornada deste martes unha visita ao noso territorio amparado co obxectivo de coñecer in situ o potencial enolóxico da zona.

Así, a comitiva desprazouse ata un predio con viñedos pertencentes á Adega Rafael Palacios, unha das máis emblemáticas da D.O. Valdeorras. Posteriormente, tras coñecer as instalacións de Terriña Adegas e Viñedos, en Petín, participarán durante a tarde nun túnel do viño na sede do Consello Regulador, unha experiencia que lles permitirá degustar unha ampla selección de referencias de brancos e tintos da comarca.

Dende o Consello Regulador, o presidente do organismo José Ramón Rodríguez Castellanos valora a visita sinalando que “sempre é bo divulgar o potencial dos nosos viños entre diferentes tipos de público, pero especialmente entre aqueles de corte máis especializado que, sen dúbida, poden actuar como prescritores e altofalantes para dar a coñecer a calidade dos nosos produtos en todos os recunchos do país”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada