Leite

Un gandeiro de Forcarei, novo responsábel do sector lácteo no Sindicato Labrego

A organización agraria celebrou en Lalín un congreso sectorial no que tamén resultou elixida Ana Rodríguez, gandeira de Chantada, como vicerresponsábel

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/06/2021 12:06 a.m.

O Sindicato Labrego vén de celebrar en Lalín o seu Congreso de Leite. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron nos meses previos.

Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.

[caption id="attachment_145617" align="alignright" width="320"] Manuel Villaverde.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Aumento de custos
Na súa análise da situación do sector, a organización agraria destaca o progresivo peche de granxas en Galicia, unido aos prezos máis baixos do Estado.

“A falta de terras e o incremento produtivo das granxas que van quedando fan que o modelo predominante camiñe cada vez cara a unha maior intensificación e, polo tanto, cara a unha maior dependencia de insumos do exterior, o que nos fai especialmente vulnerables” -pronostica o Sindicato Labrego-. “Nos vindeiros anos, é previsible que a escaseza de petróleo se traduza nun notable incremento no prezo do millo e da soia importados, dos abonos nitroxenados, do carburante necesario para traballar as terras e transportar as producións... Incremento constante de custes co prezo para o leite en orixe máis baixo do Estado e un dos máis baixos de Europa: O conflito está servido”, conclúen.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada