Leite

Últimos prezos dos produtos lácteos na Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/07/2020 11:27 a.m.

Milk Market Observatory publicou este xoves os últimos prezos medios dos produtos lácteos no mercado interno da Unión Europea. As últimas cotizacións, correspondentes á semana pasada, revelan unha caída de prezos tras varias semanas consecutivas de recuperación das cotizacións trala baixada provocada pola crise do coronavirus Covid19.

En concreto, o prezo medio da manteiga na UE quedou na última cotización en 3,30 euros o quilo, un 0,3% menos que a semana precedente e cunha caída interanual do 14%.

O leite desnatado en pó (SMP polas súas siglas en inglés), o produto lácteo que máis exporta a UE xunto co queixo, tamén experimentou unha caída máis pronunciada, do 3,9%, quedando nos 2,09 euros o kilo, no limiar do prezo de intervención, aínda que se mantén un 2% por riba do prezo de hai 12 meses.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O leite enteiro en pó (WMP) tamén experimentou unha baixada de prezos, un 1,7% menos, e queda en 2,75 euros o quilo, un 4% menos que hai un ano. Pola contra, os queixos son os que de momento están a librarse mellor da crise do coronavirus: O Cheddar cotízase a 3,05 euros o quilo nos mercados maioristas, cunha suba semanal do 0,9% e dun 2% interanual; o Edam quedou en 3,00 euros o quilo, un 2% máis que a semana anterior pero un 2% menos que hai un ano; o Gouda subiu a súa cotización un 1,5% e págase a 3,07 euros o quilo, un 1% menos a nivel interanual. A excepción a esta suba semanal foi para o Emmental, que baixou o seu prezo nun 1,2%, ata os 4,76 euros o quilo, aínda que mantén unha cotización un 1% superior á de hai 12 meses.

Por último, o soro de leite en pó baixou un 0,5% na UE, quedando nos 0,73 euros o quilo, o que supón unha suba interanual do 4%.

Descarga aquí o informe completo

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada