Leite

Últimos prezos dos produtos lácteos na UE

Loading ad.
Ad could not be loaded.
29/08/2019 12:53 p.m.

O Observatorio do Mercado Lácteo da Comisión Europea ven de publicar a evolución dos prezos dos produtos lácteos no mercado interno na UE durante a última semana.

A única suba foi a da manteiga, que se revalorizou un 1% respecto á anterior semana, e sobe ata os 3,64 euros o quilo, un 34% menos que hai una ano. No leite en pó desnatado (SMP) a cotización baixou un 0,3%, quedando nos 207 euros, un 31% máis que en agosto do pasado ano. O leite en pó enteiro (WMP) prácticamente mantense sen cambios, ao igual que os queixos Edam e Gouda. Destaca iso si a baixada dun 5,1% no queixo Emmental, que queda nos 4,38 euros o quilo.

Baixan os custos de produción

Polo demais, a Comision Europea destaca que os custos de alimentación do gando vacún de leite na UE baixaron un 0,5% nas últimas catro semanas , e son un 13% inferiores respecto a comezos do ano. Tamén destacan a baixa dos custos de enerxía (gasóleo e electricidade), que son un 7% máis baixos ca na primavera.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Consulta o informe completo nesta ligazón

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada