Agricultura

Últimos días para solicitar as axudas da Xunta para modernizar explotacións de horta e planta ornamental

Estas achegas, por un importe de 3 millóns de euros, poden solicitarse até o 4 de setembro e pretenden apoiar os investimentos en cultivos destinados á alimentación humana e á produción de plantas ornamentais e de flor cortada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
29/08/2023 4:41 p.m.

A Xunta de Galicia lembra que segue aberto o prazo para solicitar as axudas para plans de mellora en explotacións especializadas en produción vexetal, dotadas con tres millóns de euros a cargo do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Os interesados teñen de marxe ata o día 4 de setembro para solicitalas.

Esta liña de achegas ten como obxectivo apoiar os investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en cultivos destinados á alimentación humana e á produción de plantas ornamentais e de flor cortada. Desta forma, búscase mellorar os resultados económicos das explotacións agrícolas ao facilitar a súa reestruturación e modernización, incrementando a súa participación e orientación no mercado e diversificando a produción agraria.

Do mesmo xeito, búscase reducir a pegada ambiental, diminuíndo as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura. Neste senso, poderán ser beneficiarios de ditas axudas todos aqueles titulares de explotacións agrícolas que estean inscritos no Rexistro de Explotacións Agraria de Galicia (Reaga) e con orientación técnica e económica principal horticultura e cultivos diversos, cultivos leñosos, sementes e plántulas de hortalizas e patacas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto aos investimentos materiais ou inmateriais subvencionables, serán todos aqueles que impliquen unha mellora do rendemento global, da competitividade ou da viabilidade da explotación. Así, entraría dentro desta orde a reforma ou construción de instalacións, a compra de maquinaria, a compra de construcións agrarias en desuso, a plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola e mesmo a compra de terreos. Como investimento inmaterial, serán subvencionables os gastos como os honorarios dos técnicos que elaboren proxectos de construción, reforma ou licencias de software, entre outros.

Enlace á orde no DOG

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada