Viña

Últimos días para matricularse no curso da Evega sobre técnicas de cultivo en viticultura

Loading ad.
Ad could not be loaded.
19/09/2017 1:24 p.m.

Este venres, 22 de setembro, remata o prazo para inscribirse no curso “Técnicas de Cultivo da Viña”, no que destacados expertos explicarán os puntos clave para o cultivo do viñedo en Galicia.

O curso, organizado pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en colaboración co Instituto Galego da Calidade Agroalimentaria (INGACAL) celebrarase do 25 de setembro ao 3 de outubro na sede da Evega, en Leiro (Ourense).

Esta actividade formativa, de carácter gratuíto, está inserida no módulo de vitivinicultura dentro do Programa de Aptitude Empresarial Agraria. As aulas serán impartidas por referentes da viticultura en Galicia como Francisco Rego Martínez, Emilia Díaz Losada, Pedro Mansilla ou Xosé Carballido, entre outros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Velaquí o programa:

O curso vai dirixido a titulares, cotitulares e familiares que traballen en explotacións agrarias (preferentemente vitícolas); traballadores por conta allea que traballen en explotacións agrarias (preferentemente vitícolas); socios ou empregados de asociacións con personalidade xurídica do ámbito agrario (preferentemente vitivinícola); mozos e mozas que desexen incorporarse o sector agrario ou continuar coa súa formación no sector agrario e en xeral persoas interesadas en actividades relacionadas coa viticultura.

O número de prazas é de 30 e a data de inscrición remata o día 22 de setembro de 2017. As prazas se cubrirán por estrita orde de chegada da solicitude.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para consultar o programa e descargar a solicitude pode premer nesta dirección: https://evega.xunta.gal/es/curso-tecnicas-de-cultivo-2/

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada