Leite

Último día para inscibirse no curso de mellora da eficiencia da conversión da ración en leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/09/2019 11:55 a.m.

Este mércores remata o prazo para inscribirse no curso gratuíto que organiza a Consellería do Medio Rural sobre “Mellora da eficiencia da conversión da ración en leite mediante o Método Obsaliim”.

O curso impartirase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude (Boqueixón-A Coruña) e terá unha duración de 20 horas (12 teóricas e 8 prácticas en explotacións). Terá lugar do 26 e 27 de setembro en horario de 11:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 horas, e o día 9 de outubro de 2019, de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00 horas.

As persoas interesadas en participar deberán presentar as solicitudes no CFEA de Sergude antes das 14.00 horas do día 25 de setembro, por fax 881 86 73 36 ou mail: cfea.sergude@xunta.es

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Programa:

O curso consta de 2 módulos:

Módulo 1: metodoloxía OBSALIM.
 Principios teóricos do método
 Aplicación da metodoloxía de diagnóstico
 Práctica: realización de diagnóstico en 2 granxas

Módulo 2: Diagnóstico, propostas e avaliación.
 Diagnóstico e propostas: casos-tipo
 Uso da aplicación para móbiles
 Práctica: diagnóstico e realización de propostas en 3 granxas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta acción está organizada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e forma parte do Plan de Formación ao Agro Galego 2019.

Máis información no teléfono T881 86 73 25

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada