Carne

Ultímase a nova norma de sanidade e protección animal durante o transporte

Iniciase o segundo período de audiencia pública do proxecto de real decreto. O texto incorpora algunhas modificacións que dan resposta ás propostas recibidas no primeiro período de consulta pública

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/02/2022 11:33 a.m.

O Ministerio de Agricultura arranca hoxe o período de segunda audiencia pública do proxecto do real decreto sobre normas de sanidade e protección animal durante o transporte para recadar a opinión das organizacións representativas do sector e da cidadanía interesada. A nova norma forma parte do paquete lexislativo de acompañamento do Plan Estratéxico da PAC. Esta segunda consulta pública permanecerá aberta do 8 ao 16 de febreiro.

A introdución de melloras para aumentar a protección dos animais durante o transporte estivo motivada polo seguimento da implementación do real decreto de 2016 sobre normas de sanidade e protección animal durante o transporte, pois a través de controis oficiais evidenciáronse estas necesidades.

Entre as cuestións que aborda, a nova norma inclúe as circunstancias baixo as cales un movemento se considera unha actividade económica. Así mesmo, os propietarios dos medios de transporte poderán solicitar a súa autorización de forma independente á autorización de transportista.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con respecto ao transporte en buques de gando, inclúe a obrigatoriedade de dispoñer de lazareto para aloxar aos animais enfermos en cada unha das cubertas do buque. E, en relación ao transporte a través de aeroportos, especificouse o tipo de formación que deben recibir os operadores que manipulen os animais.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada