Leite

Últimas prazas para o Congreso Internacional de Saúde Podal e Benestar en bovino de leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/08/2021 11:18 a.m.

Os próximos 23 e 24 de setembro a gandaría catalá Mas Bes, situada en Xirona, acollerá a segunda edición do Congreso Internacional de Saúde Podal e Benestar de gando bovino de leite.

Ao congreso, que xa conta con máis de 200 inscritos, acudirán expertos internacionais en saúde podal do gando vacún, como Jamie Sullivan, Christopher Mülling, Fernando Castillo, Loris de Vecchis, Pere Malet, Angel Cortinas, Noureddine Charfeddine, Huw McConochie e Arturo Gómez. Ademais das sesións téóricas, incluiranse talleres prácticos co gando.

O Congreso Internacional de Saúde Podal e Benestar está organizado e patrocinado, entre outros, por asociacións nacionais de podoloxía bovina de España (APPB), Italia, Francia, Reino Unido, así como Anembe, Anka, Conafe ou Zinpro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As presentacións serán en inglés con tradución simultánea ao español, francés e italiano. As sesións prácticas faranse en grupos reducidos divididos por idiomas para facilitar a comprensión das explicacións.

Ver programa e inscribirse nesta ligazón

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada