Leite

Últimas cotizacións dos produtos lácteos na EU: Subas da manteiga e do leite desnatado en po

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/02/2024 5:12 p.m.

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta última semana de febreiro dos produtos lácteos. Con respecto á pasada semana, destacan as subas da manteiga e do leite desnatado en po e, en menor medida, do leite en po enteiro e do queixo cheddar.

En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta última semana de xaneiro para os produtos lácteos son as seguintes:

-Manteiga: 557 €/100 kg, +2,9 % nas últimas catro semanas
-Leite desnatado en po (SMP) 254 €/100 kg, +1,4 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 363 €/100 kg, +0.5 % ,,
-Queixo cheddar: 361 € /100 kg +0,3%

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_224426" align="alignright" width="710"] Evolución de prezos dentro da Unión Europea. / Fonte: Unión Europea[/caption]

Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia sofre unha lixeira baixada respecto á semana pasada e queda nos 0,45 euros o litro.

En canto á situación do mercado internacional, Nova Zelandia é máis competitiva en prezos de manteiga e leite enteiro en po, mentres que Estados Unidos ten os menores prezos da manteiga, queixo e leite en po desnatado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_224429" align="alignright" width="660"] Situación comparativa do mercado internacional. / Fonte: Unión Europea[/caption]

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada