Leite

Últimas cotizacións dos produtos lácteos: Consolídase a baixada en decembro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/12/2022 11:51 a.m.

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea (MMO polas súas siglas en inglés) ven de publicar os datos das últimas cotizacións dos produtos lácteos na UE, nos que se confirma unha baixada xeral, unha tendencia que tamén se está a trasladar ao prezo do leite en orixe, en concreto á cisterna de leite spot en Italia.

En concreto, a pasada semana o prezo da manteiga baixou un 5,1% na UE, quedando nos 5,95 € o kg; mentres a que no leite en pó desnatado a baixada foi do 4,1% (2,96 €/kg) e no enteiro do 4,5% (4,19 €/kg). O queixo cheddar mantívose máis estable, cunha depreciación do 0,2% (4,69 €/kg).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A última poxa da cooperativa neozelandesa Fonterra, celebrada este martes, tamén confirma esta tendencia, cunha baixada do 3,8% no seu índice. Neste caso a caída do prezo da manteiga foi do 2,6%; dun 4,8% no leite en po enteiro e dun 4% no desnatado. O queixo cheddar experimentou unha caída no seu prezo do 0,7%.

A baixada da producción de leite nos principais países exportadores ao longo deste 2022 -especialmente en Nova Zelanda e Australia, e en menor media na Unión Europea e China- fixo que até o de agora non se trasladaran ao gandeiro este descenso nas cotizacións dos produtos lácteos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Porén, en Italia xa empezan a darse sinais do que podería ser un cambio de tendencia: a pasada semana o prezo do leite spot baixou até os 63.3 c/kg, cando en novembro pechou a 70.11 c/kg

Descarga aquí o último informe do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada