Desenvolvemento rural

Última semana de inscrición no curso online sobre emprendemento de AGACA

15/02/2022 10:29 a.m.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias - AGACA imparte o taller “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que é en liña e gratuíto. Será os días 22 e 24 de febreiro e 1, 3 e 8 de marzo en horario de 10:00 a 13:00h.

Cada xornada desenvolve unha temática: a importancia social e económica do emprendemento, oportunidades de negocio, xeración e maduración de ideas con éxito, fórmula cooperativa e axudas públicas á posta en marcha do proxecto e elaboración do plan emprendedor.

As persoas interesadas en poden matricularse en www.agaca.coop Este curso enmárcase na programación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamiento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

 

Etiquetado
Ir a la portada