Leite

Ulega creará comisións negociadoras por industrias e un modelo propio de contrato lácteo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
José Luis Ramudo (Lugo) 13/02/2015 6:11 p.m.

Ulega, a organización de produtores lácteos que agrupa ao 75% dos gandeiros galegos agregados a un colectivo deste tipo, creará diferentes comisións negociadoras para tratar o prezo do leite de forma individual con cada unha das industrias e promoverá un modelo propio de contrato para regular as relacións dos seus asociados coas mesmas.

O director de Ulega e secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, confirmou que a organización de produtores promoverá a elaboración dun modelo propio de contrato lácteo para regular a relación entre as industrias e os gandeiros asociados.

Por outra banda, formulará a proposta de “un prezo base de partida” para o leite, de modo que nunca baixe do que realmente custa producilo, e dun índice de indexación que permita adaptar esa cotización a circunstancias reais de mercado.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para rematar, Ulega fará unha reorganización interna, que consistirá na elección de comisións negociadoras por industrias, de maneira que o prezo será pactado con cada empresa polos provedores da mesma.

García recordou que Ulega conta actualmente con 2.160 gandeiros, que representan o 75% dos gandeiros asociados a organizacións de produtores en Galicia e o 40% dos agrupados no conxunto de España.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada