Noticias de empresa

Ucoga asesora sobre seguros ás empresas da área empresarial do Tambre

A correduría galega impulsará xornadas e talleres para informar ás empresas do principal polígono de Santiago sobre as pólizas que mellor se adaptan as súas necesidades

Campo Galego 29/09/2020 7:29 a.m.

A Asociación Área Empresarial do Tambre e a correduría de seguros Ucoga asinaron un convenio de colaboración para mellorar os servizos que a área empresarial compostelana lle ofrece aos seus asociados. O acordo foi subscrito polo presidente de entidade empresarial, José Fernández Alborés, e o representante de Ucoga, Manuel Nieto Barreiro.

O convenio, dun ano de vixencia, céntrase en dous obxectivos fundamentais dos que se poderán beneficiar empresas asociadas á entidade empresarial e os seus propios empregados. En primeiro lugar, Ucoga ofrecerá servizos de seguros para os asociados da entidade do Tambre. En concreto, ofrecerase asesoramento independente, baseado nunha análise obxectiva e personalizada, ofrecendo os produtos que mellor se adapten ao perfil e intereses da empresa.

Un segundo punto do acordo céntrase en impulsar actuacións encamiñadas a mellorar a actividade e cooperación empresarial, información e formación, dentro dos servizos e competencias de ambas entidades. Poderán organizar conxuntamente xornadas ou talleres formativos nas instalacións do Centro Empresarial do Tambre.

Etiquetado
Ir a la portada